viernes, 5 de junio de 2020

O primeiro lugar no que está Gusti é Nova York!!!! e como xa sabedes alí fálase inglés... como facemos nós na clase de inglés. Recordades esta historia???? 


viernes, 29 de mayo de 2020

Seguindo co conto de " Un lugar para Gusti" , neste podemos observar que ademais de diferentes lugares para vivir, tamén temos distintos tipos de casas nos que cada un de nós vivimos.


Agora fai un debuxo da túa casiña, na que vives. E despois pola parte traseira do mesmo folio podes debuxar a casa na que che gustaría vivir... podes imaxinala como queiras!!!!!

lunes, 25 de mayo de 2020

A teacher Meri e máis eu fixemos este vídeo para contarvos o conto " A taste of the moon/ A que sabe a lúa?" en inglés e en galego... agardamos que vos guste moito 💓💓


Facemos a Gusti???? Decorádeo como queirades e con axuda dun maior podedes montar a Gusti!!






viernes, 22 de mayo de 2020

Ola!!! hoxe imos comezar un proxecto moi chulo no que me encantaría que me acompañarades... Unha viaxe a través do mundo quiada por "Gusti". Recoméndovos moito o libro que vai guiar a nosa viaxe " Un lugar para Gusti" escrito por Inma Muñoz e ilustrado por Èlia Meraki. Eu coñecino grazas a Ana Meilán, escritora e amiga, á que xa coñecedes porque nos encantan todos os seus libros!!!! Arrancamos con este vídeo!!!!


miércoles, 13 de mayo de 2020

Deíxovos aquí a segunda parte do libro que xa vimos "Maestro, ¿y ahora qué hago?" que nos deixa moitísimas ideas novas para facer!

jueves, 7 de mayo de 2020

Podedes descargar e imprimir estos xogos de memoria... é unha forma divertida de traballar moitas cousas como a atención, a agudeza visual, conceptos específicos...
Agardo que vos gusten!