miércoles, 15 de abril de 2020

Benvidas e benvidos!!!!

Este blog comeza co terceiro trimestre dun atípico curso 2019-2020. Debido a situación que estamos a vivir pola pandemia de COVID-19, vémonos na obriga de mudar un pouquiño o xeito de estar preto dos nosos alumnos/as, e de cómo facer chegar as nosas propostas ás familias e os alumnos/as.
Todo esto faise aínda un pouquiño máis complicado cando falamos de alumnas/os de educación infantil, que dependen totalmente da axuda de terceiros, neste caso da familia, para acceder a todos os contidos que nós propoñemos.
Sabemos e somos conscientes de que este non é o medio máis inclusivo nin o que nos gustaría estar empregando, pero ante a realidade que vivimos é o único medio do que dispoñemos para manter o contacto con todas e todos vós.
Grazas polo traballo que estades a facer nas casas, pola comprensión e polo cariño que nos estades mostrando. 
Como sempre digo, todas estas actividades son propostas, que pretenden ser o máis motivadoras e dinámicas posibles. Pero non deixan de ser eso, propostas. Non é obrigatorio facer todo o que se propón, pero considero importante que os nenos/as sintan que seguen preto da escola, dos profes e da súa rutina diaria.

Un saúdo,
a profe Livia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario