martes, 21 de abril de 2020

Ola nenas e nenos!
todos estos días estou lendo noticias sobre que os paxariños, e sobre todo os das cidades e pobos grandes, están tendo dificultades para atopar alimentos polo confinamento dos humanos. Isto pasa porque eles alimentábanse en gran medida do que os humanos lles dabamos ou tirabamos no chan. Tamén vexo noticias que din que non debemos alimentar aos paxariños salvaxes con sobras da nosa comida, xa que eso lles fai dano e non leva os nutrientes que precisan, O que eu vos propoño é que fagamos con material de refugallo algún comedeiro (podemos decoralo como máis nos guste) e que o poñamos nun lugar accesíbel para eles, pero que nese comedeiro poñamos comida de sementes apta para paxaros ou ben algunha semente que teñamos na casa como as de xirasol, avena, liño...
Deíxovos algún exemplo:

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario