Encántame tamén a idea de facer unha busca do tesouro na nosa casa! Busca unha persoa que che axude a agochar o tesouro e logo a facer o mapa do tesouro, para que outros membros da familia poidan atopalo. Podedes contar os pasos e poñer as direccións, ou simplemente poñer pistar pola casa coma se fose unha xincana! Facer un mapa como o que aparece no debuxo axudaranos a traballar a direccionalidade e a lateralidade... pero é moi complicado para os nosos nenos e nenas de infantil polo que precisarán bastante axuda! Ánimo, pode ser moi divertido!!!
Outro opción é que sexades vós os que fagades o mapa para os neno/as e eles os que busquen o tesouro...
Este pretende ser un blog de recursos para educación infantil e primaria. Podedes contactar conmigo a través do enderezo nesca56@gmail.com.
jueves, 30 de abril de 2020
miércoles, 29 de abril de 2020
Unha das iedas que nos da o libro " Maestro, ¿y ahora qué hago?" é a de facer unha árbore xenealóxica... eu creo que podemos aproveitar agora que temos moito máis tempo e que estamos todos na casiña, para falar da nosa familia. Esta actividade de facer a árbore xeneáloxica pode además servirnos para traballar a familia, as profesións, os sentimentos...
Podedes facer a árbore poñendo só os nomes, empregando algunha foto, ou mesmo facendo debuxos dos vosos familiares!
Deíxovos algunha idea de árbores xenealóxicas... pero recordade deixar traballar á vosa creatividade e seguro que crearedes cousas moi bonitas!

lunes, 27 de abril de 2020
A las ocho en punto abro la ventana, cojo aire, lleno mis pulmones, levanto la vista y sonrío a mis vecinos.
Hace días que he descubierto que ese simple gesto de aplaudir hace magia, consigue que un avión de papel se eleve desde un pequeño jardín de Madrid hasta un alto edificio de Lugo, que atraviese una casa sin vecinos o que incluso se cuele en una sin ventanas, de eso se trata la magia, de hacer que ocurra algo que de otro modo sería impensable.
Hoy lo hago más fuerte para que se eleve más allá de las nubes, cruce los cinco océanos, atraviese el mismo número de continentes y conquiste tantos corazones como aquellos que han salido a sus ventanas y balcones a aplaudir.
Me acompañan en este viaje amigas y artistas maravillosas, abrocho mi cinturón y os invito a acompañarnos en el vuelo. Tenéis un asiento reservado a nuestro lado, el billete se saca con un simple clic. Embarcad en nuestro avión de papel y haced magia con nosotras.
Despegamos…
En este enlace tenéis el cuento íntegro:
http://www.entrenubesycuentos.com/la-magia-de-los-aplausos-2/
y aquí podéis escucharlo:
Muchas gracias a Ana Meilán por mandarnos este cuento, en el que ella también participa. 💓

jueves, 23 de abril de 2020
DÍA DO LIBRO 2020 NO COLE DE PALAS
Hoxe celebramos o Día do Libro no cole de Palas, por iso propoñémosvos varias actividades que están na web do cole e nas redes sociais ( Instagram e Facebook).
Tamén eu vos deixo por aquí esas actividades:
Realiza un quiz (un cuestionario) sobre o Día do Libro.
Consta de 30 preguntas tipo test, con 30 segundos para contestar a cada pregunta. Polo tanto, en menos de 15 minutos estará contestado.
Como realizar o cuestionario? Hai varias opcións:
- Preme no siguiente enlace.
https://quizizz.com/join?gc=036949 (Podedes facelo tanto en ordenador, como na tablet ou no móbil).
miércoles, 22 de abril de 2020
Hoxe deíxovos unha canción sobre as partes do corpo. Cantámola e bailámola eu e a miña sobriña, Alicia, que estivo encantada de axudarme a facer este vídeo para todas e todos vós. Agardamos que vos guste moito e que a aprendades porque é moi divertida! Se facedes algún vídeo podedes envialo a nesca56@gmail.com, para ver así que ben o facedes!
A letra da canción está feita pola cantante Pilocha Martínez que foi a que me propuxo facer o vídeo para todos vós!!
A letra da canción está feita pola cantante Pilocha Martínez que foi a que me propuxo facer o vídeo para todos vós!!
martes, 21 de abril de 2020
Ola nenas e nenos!
todos estos días estou lendo noticias sobre que os paxariños, e sobre todo os das cidades e pobos grandes, están tendo dificultades para atopar alimentos polo confinamento dos humanos. Isto pasa porque eles alimentábanse en gran medida do que os humanos lles dabamos ou tirabamos no chan. Tamén vexo noticias que din que non debemos alimentar aos paxariños salvaxes con sobras da nosa comida, xa que eso lles fai dano e non leva os nutrientes que precisan, O que eu vos propoño é que fagamos con material de refugallo algún comedeiro (podemos decoralo como máis nos guste) e que o poñamos nun lugar accesíbel para eles, pero que nese comedeiro poñamos comida de sementes apta para paxaros ou ben algunha semente que teñamos na casa como as de xirasol, avena, liño...
Deíxovos algún exemplo:

domingo, 19 de abril de 2020
Lembrades a Hervé Tullet?? Temos un conto no cole que vos gusta moito que escribiu Hervé que se chama "Presiona aquí". Non é só un libro, é unha auténtica experiencia lectora que para os nenos de infantil resulta totalmente motivadora e divertida. Trátase dun libro no que a nena/o ten que interactuar en cada unha das follas que imos pasando. É un xeito diferente de traballar os conceptos espaciais, a lateralidade e as relacións causa-efecto. Recoméndovos moitísimo este libro.
Pois o autor deste libro deixounos unha actividade moi interesante que podedes facer na casa coas vosas familias. Trátase de crear sombras a partir da vosa imaxinación e creatividade. Só precisades un folio, unhas tesoiras e un lápiz (aínda que estos dous últimos poden ser prescindibles) e por suposto as vosas mans e a vosa imaxinación. Aquí vos poño o video para que vexades en qué consiste e así poidades inventar miles de novas historias!

Preparei unhas cousiñas para que fagades que vos deixo en varias presentacións, divididos por idades. Son traballos en papel, podedes descargalos e imprimilos, só son propostas pero se decidides facelas gustaríame que fosen os nenos os que o fixesen soíños (podedes acompañalos no proceso, pero é mellor que sexan eles os que fagan o traballo. Podedes ser guías, pero deixade que pensen e que sexan imaxinativos)
sábado, 18 de abril de 2020
Este
conto fálanos do importante que é facerlles caso aos nosos pais.
Mirade que triste se puxo a cebra Camila cando non lle fixo caso á
súa mamá. Imos falar sobre as cousas nas que podemos colaborar na
casa nestes días, que son unha chea delas. Déixovos unha táboa
sinxela por idades para que vos fagades unha idea:
jueves, 16 de abril de 2020
Podemos facer unha riquísima tarta de cebra!!! Sempre coa axuda da nosa familia... pode ser moi divertido facer esta actividade... pero ademáis propóñovos que fagades un debuxo dos ingredientes que imos a usar para facer a vosa propia receta e deste xeito podedes gardala para usala cando queirades volver a facer o biscoito 😋
miércoles, 15 de abril de 2020
O noso traballo destes días vai xirar ó redor dun conto que todos coñecemos, ou case todos. O conto é "A cebra Camila" e partindo del vouvos propoñer unha chea de actividades para que fagades coas vosas familias e tamén algunha que podedes facer vós soíños.
O primeiro que temos que facer é ler o conto, non si?
Pois neste enlace podedes ver o conto contado por min!
Contacontos "La cebra Camila"
Está contado en castelán porque, por mor das circunstancias, só tiña o libro en castelán...😉
O primeiro que temos que facer é ler o conto, non si?
Pois neste enlace podedes ver o conto contado por min!
Está contado en castelán porque, por mor das circunstancias, só tiña o libro en castelán...😉
Benvidas e benvidos!!!!
Este blog comeza co terceiro trimestre dun atípico curso 2019-2020. Debido a situación que estamos a vivir pola pandemia de COVID-19, vémonos na obriga de mudar un pouquiño o xeito de estar preto dos nosos alumnos/as, e de cómo facer chegar as nosas propostas ás familias e os alumnos/as.
Todo esto faise aínda un pouquiño máis complicado cando falamos de alumnas/os de educación infantil, que dependen totalmente da axuda de terceiros, neste caso da familia, para acceder a todos os contidos que nós propoñemos.
Sabemos e somos conscientes de que este non é o medio máis inclusivo nin o que nos gustaría estar empregando, pero ante a realidade que vivimos é o único medio do que dispoñemos para manter o contacto con todas e todos vós.
Grazas polo traballo que estades a facer nas casas, pola comprensión e polo cariño que nos estades mostrando.
Como sempre digo, todas estas actividades son propostas, que pretenden ser o máis motivadoras e dinámicas posibles. Pero non deixan de ser eso, propostas. Non é obrigatorio facer todo o que se propón, pero considero importante que os nenos/as sintan que seguen preto da escola, dos profes e da súa rutina diaria.
Un saúdo,
a profe Livia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
DÍA DO LIBRO 2020 NO COLE DE PALAS Hoxe celebramos o Día do Libro no cole de Palas, por iso propoñémosvos varias actividades que están n...
-
O primeiro lugar no que está Gusti é Nova York!!!! e como xa sabedes alí fálase inglés... como facemos nós na clase de inglés. Recordades es...
-
Seguindo co conto de " Un lugar para Gusti" , neste podemos observar que ademais de diferentes lugares para vivir, tamén temos dis...